O Colexio de Xornalistas expresa o seu pesar polo pasamento de Félix Blanco
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, lamenta profundamente o falecemento, o pasado 8 de setembro, do xornalista e colexiado Félix Blanco González, e traslada as súas condolencias á familia e achegados
Nado en 1948 e licenciado en Xornalismo, Félix Blanco González traballou máis de vinte anos en diversos medios de prensa, radio e televisión, e foi xefe de prensa do Goberno Civil de Pontevedra entre 1980 e 1987. Asesorou tamén en materia de comunicación á Consellería de Traballo e Bienestar Social da Xunta de Galicia e ao grupo inmobiliario Paseo Marítimo, ademais de exercer noutras empresas labores de documentalista, guionista e consultor de relacións públicas. En 1998, entrou a formar parte como profesor asociado do departamento de Dereito Público Especial, Comunicación Audiovisual e Publicidade da Universidade de Vigo, onde investigou cuestións como a imaxe corporativa, a elaboración de mensaxes para as relacións públicas ou a proxección visual en soportes editoriais.
O seu velatorio está a realizarse na sala 4 do tanatorio Emorvisa de Vigo, e na capela do mesmo complexo celebrarase un acto de despedida hoxe ás 19.00 horas. A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia traslada o seu pésame a toda a familia e as persoas achegadas.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia