O Colexio de Xornalistas permanecerá pechado do 4 ao 22 de agosto
Por descanso vacacional, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vai permanecer pechado entre os días 4 e o 22 de agosto, ambos os dous incluídos, retomando a súa actividade normal a partir do luns 25 de agosto.
Durante este tempo as colexiadas e colexiados do CPXG poderán continuar a poñerse en contacto co colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal.
O luns 25 de agosto vai reanudarse a actividade continuando co horario de verán, como establece o convenio provincial, ata o 30 de setembro: das 8 ás 15 horas. A partir dese día poderá contactarse co Colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, chamando ao teléfono 981 935 670 ou achegándose á nosa sede en Santiago de Compostela (Rúa Ponferrada, 9, baixo).
CPXG