O Colexio de Xornalistas presenta alegacións ao anteproxecto de Lei de publicidade do sector público
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de presentar un documento de alegacións ao anteproxecto de lei estatal para a regulación da publicidade institucional. As propostas do CPXG van dirixidas a reducir o risco de influencia das administración nos medios a través dos fondos públicos, a estabelecer criterios obxectivos e verificábeis de medición de audiencia e a adoptar medidas de protección específicas dos medios en lingua galega.
A decana Belén Regueira, no nome da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, rexistrou este venres un documento de alegacións ao Anteproxecto de Lei de publicidade do sector público elaborado polos Ministerios de Presidencia e para a Transformación Dixital e da Función Pública. O Colexio saúda a nova norma, que considera un avance significativo na transparencia e o pluralismo informativo, pero considera que o anteproxecto presenta defectos estructurais que, de no seren subsanados, poden xerar un efecto contrario aos seus propios obxectivos.
En concreto, as dúas principais propostas do Colexio van dirixidas a evitar o risco de dependencia económica dos medios de comunicación con respecto ás administracións. Así,
A estas dúas alegacións principais súmanse outras dúas cuestións complementarias. A primeira refírese á necesidade de incluír na lei a obriga de que os sistemas de medición de audiencia sexan certificados por entidades acreditadas ante unha entidade estatal de acreditación ou equivalente europeo, así como da publicación obrigatoria e accesíbel dos resultados de medición, desagregados por soporte e faixa horaria, como condición previa á adxudicación de calquera publicidade pública. A última alegación do Colexio refírese a necesidade de adoptar medidas específicas de protección dos medios en galego, incorporando unha reserva mínima para difusión en medios que emitan maioritariamente en linguas cooficial que represente o 25% do orzamento de cada campaña nese ámbito territorial.
O Colexio de Xornalistas lembra tamén que Galicia segue sen ter, a día de hoxe, unha lei autonómica que regule a contratación de publicidade institucional, algo que, independentemente das normas que se estabelezan a nivel estatal, é imprescindíbel para evitar a discrecionalidade e a falta de transparencia no reparto dos fondos públicos, así como para garantir a boa saúde do ecosistema mediático galego.
CPXG