O Colexio de Xornalistas regresa este mércores 1 ao horario de inverno
Desde hoxe, mércores 1 de outubro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia regresa ao horario de inverno, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña. O CPXG estará aberto en horario de maña das 9.00 ás 14.30 de luns a xoves e das 08.00 ás 15.00 horas os venres, e polas tardes das 16.00 ás 18:00 os luns e mércores e das 16:00 ás 19.00 horas os martes e xoves.
As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ao teléfono 981 935 670. E tamén achegándose á nosa sede na Rúa Ponferrada, 9, baixo (Santiago de Compostela).
CPXG