O Colexio de Xornalistas súmase á petición para que o Parlamento Europeo rectifique unha convocatoria de prácticas non remuneradas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia súmase á iniciativa de Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía de solicitar ao Parlamento Europeo que rectifique unha convocatoria de prácticas non remuneradas para que xornalistas novos cubran o European Youth Event que se celebrará en Estrasburgo los días 1 y 2 de junio. A petición foi apoiada por todos os colexios de xornalistas do Estado.

A convocatoria busca un total de dez xornalistas para crear un equipo, formado por dos editores/as xefe e oito reporteiros/as coordinado pola European Youth Press. O seu labor será detectar, redactar e elaborar un informe coas ideas máis relevantes do evento. Os dous editores xefe si terán un contrato remunerado, pero os oito reporteiros deberán traballar 80 horas polas que non cobrarán nada. A EYP só se fai cargo dos gastos de desprazamento.

O CPPA considera que “este tipo de ofertas fomentan a precariedade laboral no sector máis novo da poboación”, algo que la organización colegial considera “intolerable” ao vir dunha administración pública como o Parlamento Europeo. Por iso, insta á EYP a modificar a convocatoria para realizar, en troques dunha convocatoria de prácticas, unha oferta de emprego destinada a mozos de ata 30 años, na que se requira ademais formación académica en xornalismo.

A Xunta de Goberno do Profesional de Xornalistas de Galicia quere sumarse á petición do seu homólogo andaluz, que tamén apoiaron.o Col·legi de Periodistes de Catalunya, o Colegio Oficial de Periodistas de la Región de Murcia, o Colegio Profesional de Perioditas de Castilla y León, o Colegio Vasco de Periodistas-Kazetarien Euskal Elkargoa, o Colegio Profesional de Periodistas de la Rioja, o Colegio Profesional de Periodistas de Asturias e o Colegio Navarro de Periodistas-Nafarroako Kazetarien Elkargoa. 

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia