O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia condena o atentado contra a vivenda de Roberto Blanco Valdés
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresa a súa repulsa pola atentado contra a vivenda de Roberto Blanco Valdés, non soamente pola condena que merece calquera acción violenta, senón polo que ten de intento inadmisible de tronzar a liberdade de opinión dunha persoa.
O Colexio de Xornalistas recorda que a liberdade de expresión é un dereito de todos os cidadáns, e todos teñen dereito a defender as súas ideas sen afrontar máis consecuencias que a de que poidan ser rebatidas. Por esa razón solidarízase co profesor Blanco Valdés e súmase a todas as instancias e colectivos que lle teñen mostrado o apoio que nestes momentos merece.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia