O CPXG denuncia que a Xunta interina hipoteca o futuro do audiovisual galego concedéndolle á COPE unha das emisoras autonómicas de TDT
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) considera que, coa adxudicación hoxe das dúas licencias de televisión dixital terrestre de cobertura autonómica, a Xunta de Galicia impide a consolidación dun espazo audiovisual galego que debería xogar un papel estratéxico no desenvolvemento económico e social de Galicia.
A concesión dunha das licencias a unha empresa foránea hipoteca o futuro desenvolvemento do sector e dificulta calquera actuación de Goberno que trate de potenciar a industria audiovisual do país.
O feito de que esta decisión a tome un Goberno en funcións, que foi reprobado pola cidadanía nas pasadas eleccións autonómicas, constitúe un acto carente de lexitimidade democrática, dado que nesa situación de interinidade calquer executivo democrático non pode tomar ningunha decisión máis aló de atender asuntos de mero trámite.
O CPXG denuncia unha vez máis que a Xunta de Galicia presidida por Manuel Fraga somete o dereito á información da cidadanía a outros intereses e á busca de blindaxes mediáticas do seu partido.
Independentemente de que exista base xurídica para recorrer a decisión tomada por un Goberno carente xa de respaldo electoral e parlamentario, a Xunta do CPXG advirte de que vai estar vixiante para que os beneficiarios das concesións posibiliten un mellor acceso á información e á cultura por parte da cidadanía. Comprobaremos se, efectivamente, os compromisos que figuran nas bases do concurso de presenza dos nosos sinais de identidade nas súas emisións son ou non unha realidade. Observaremos se as condicións de traballo dos profesionais que contraten estas emisoras son realmente dignas e non serven, como ven acontecendo en moitas ocasións, para perpetuar situacións laborais precarias que sempre acaban prexudicando a calidade da información.
A Xunta de Goberno reitéralle á Xunta en funcións que se absteña de conceder as restantes licencias de emisoras de radio de ámbito autonómico e de televisión e de radio locais e municipais. Deberá ser o próximo Goberno quen, dentro dos parámetros de maior rigor e transparencia, falle esas concesións.
O CPXG agarda que ningún Goberno da Xunta no futuro repita actuacións desta índole e teña sempre presente que co dereito á información da cidadanía non se pode comerciar, nin pagar hipotecas, nin mercar favores.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2005
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)