O CPXG inicia unha serie de entrevistas sobre a cobertura informativa da pandemia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia inicia este venres unha serie de conversas con xornalistas que traballan na cobertura informativa da covid-19, co propósito de salientar o papel do xornalismo na pandemia e de alentar a reflexión conxunta sobre o tratamento informativo da alerta sanitaria.

Estas entrevistas, que contarán cun espazo propio en xornalistas.gal, serán un contido exclusivo para colexiados e colexiadas, á que poderán acceder cos seus contrasinais. Ademais, a través do boletín F5, os colexiados e colexiadas recibirán un avance da publicación cuxo texto completo estará publicada no espazo privado da web.

A serie de entrevistas comeza este venres 22 de outubro cunha conversa con María Piñeiro, xornalista de El Progreso especializada en Sanidade, e autora do manifesto do CPXG no Día da Liberdade de Prensa de 2020.

23.10.2020: María Piñeiro: "Non podemos permitirnos que os lectores se aburran da pandemia".

30.10.2020: David Lombao: "Datos como os casos novos diarios non significan nada sen contexto".

06.11.2020: Dulce García: “Falla o acceso aos datos e tamén a lugares, en certa medida pola incapacidade ou o desinterese dos medios”.

13.11.2020: Tamara Montero: ″Unha incidencia acumulada por si soa non explica unha pandemia″.

20.11.2020: Manuel Rey: “Non todos os científicos son seres de luz, tamén teñen intereses”.

27.11.2020: Jessica Mouzo: "A información da COVID é de todos, non é patrimonio de ningún Goberno".

04.12.2020: Ana Blasco: ″Necesitamos maior profundidade e perspectiva na análise dos datos da pandemia″.

11.12.2020: Artur Galocha: "É fundamental aprender a distinguir de quen fiarte nesa constante intoxicación informativa que sufrimos".

18.12.2020: Brais Lorenzo: "Gustaríame ter a oportunidade de fotografar no interior dunha UCI dun hospital público galego. Se a realidade non se ve, non existe".

08.01.2021: Cristina de la Vega: "En sanidade, o peso da información que imos trasladar e as consecuencias que vai ter para toda a xente teñen que estar por riba de calquera outra cousa".

15.01.2021: Fernando Varela: "A descapitalización humana dos medios vai pasar unha factura enorme".

22.01.2021: Cristina Olea: "Preguntámonos se a nosa profesión seguirá existindo, pero a mellor maneira de sobrevivir é demostrando o valor que temos".

29.01.2021: Luís Pardo: "Que todo o mundo improvisa desde marzo é unha realidade".

05.02.2021: Ubaldo Cerqueiro: "Non ten sentido saber máis de Madrid ou Washington que do concello do lado"

12.02.2021: Beatriz Vila Couto e Susana R. Castro: "Coa pandemia volvemos poñer o foco nos feitos".

19.02.2021: Xan Freire: “A precarización dos medios públicos fixo que a tecnoloxía se antepuxese ao xornalismo”.

26.02.2021: Natalia Alonso: "Debemos esforzarnos en que a atención á ciencia non decaia despois da pandemia".

05.03.2021: Érika Reija: "O principal reto é aportar máis información útil e relevante para a vida dos cidadáns e menos voz a opinadores".

12.03.2021: Xosé Hermida: "Preocúpame que sigan gañando terreo os intoxicadores disfrazados de xornalistas".

26.03.2021: Kiko Novoa: "Pensei que a radio debía servir máis para escoitar que para falar".

09.04.2021: Marta Veiga Izaguirre: "É necesario que a covid comece a convivir con outras informacións que tamén son esenciais".

16.04.2021: Ángel Paniagua: "A Administración traballa como se a información fose súa e estamos no século XXI, pertence á cidadanía".

23.04.2021: Lara Graña: "A verdadeira carga laboral para as seccións de Economía comezará cando xa non estean activas medidas como os ERTE ou o fondo de solvencia".

30.04.2021: Cristina Díaz Pardo e Rubén Rodríguez: "A pandemia xera moita información pero dificulta unha información especializada cubrindo as fontes".

07.05.2021: Xurxo Salgado: "A desinformación e a manipulación acadaron a súa máxima expresión durante a pandemia".

14.05.2021: Manuel Rico: "Os xornalistas teñen que ser activistas radicais en defensa do dereito á información dos cidadáns".

21.05.2021: Xiana Cid: "O virus foi a escusa perfecta para evitar a búsqueda activa de fontes ou imaxes".

28.05.2021: Mónica Vila Ferreirós: "O único que queda é unha profesión que cada vez parece máis un gabinete de comunicación con condicións de traballo precarias".

04.06.2021: Patricia Hermida: "Non deixo de ser xornalista, o xornalismo foime deixando a min".

CPXG