O CPXG permanecerá pechado do 7 ao 29 de agosto

Por descanso vacacional, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vai permanecer pechado entre os vindeiros días 7 e 29 de agosto, ambos os dous incluídos, retomando a súa actividade normal a partir do luns 30 de agosto.

Durante este tempo as colexiadas e colexiados do CPXG poderán continuar poñéndose en contacto co colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal.

O luns 30 de agosto reiniciarase a actividade en horario de verán ata o 30 de setembro, como establece o convenio provincial, de 8 a 15 horas. Continuando coas medidas preventivas, a partir dese día a atención presencial na sede seguirá a realizarse mediante a concertación dunha cita previa, puidendo contactar tamén a través do correo electrónico (xornalistas@xornalistas.gal) e o teléfono (981935670).

CPXG