O CPXG regresa o luns ao horario de inverno

Desde o luns 3 de outubro, o Colexio de Xornalistas regresa ao horario de inverno, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña. A partir de agora, o CPXG estará aberto de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a xoves e de 08.00 a 15.00 horas os venres.

As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ao teléfono 981 935 670. E tamén achegándose á nosa sede na Rúa Ponferrada, 9, baixo (Santiago de Compostela).

CPXG