O informe sobre a morte do científico David Kelly segue atormentando á BBC

A BBC deberá difundir documentos segredos que revelarán as razóns polas que Greg Dyke foi forzado a demitir como director xeral da Corporación despois de que se fixesen públicas as conclusións do informe Hutton.
O tribunal de liberdade de información sinalou que a BBC terá que publicar o contido, ata agora descoñecido, da reunión do seu Consello de Gobernadores mantivo horas despois de que Lord Hutton criticase á Corporación en xaneiro de 2004, segundo publica o diario 'The Guardian'.

Greg Dyke presentou a súa demisión como director da BBC o 30 de xaneiro, días despois de que o fixese o por entón presidente da Corporación, Gavyn Davies. A cadea remataba de sufrir o maior desgusto nos seus máis de 80 anos de historia coas fortes críticas do xuíz Hutton, encargado de investigar a morte do científico David Kelly, recoñecido experto en armas químicas e asesor gobernamental.

En maio de 2003 a BBC revelou que o Goberno de Blair esaxerara o informe sobre as armas de destrución masiva de Iraq para xustificar a súa intervención a guerra. Foi sometido a un duro interrogatorio no Comité de Exteriores para pescudar se foi el quen filtrou a noticia. Kelly recoñeceu ter falado co xornalista Andrew Gilligan, correspondente de Defensa e de asuntos diplomáticos do programa 'Today', en Radio 4 da BBC, aínda que negou ser a súa fonte principal. A presión que sufriu Kelly durante días socavou a súa moral ata ó punto de que o científico rematou coa súa vida.

O maxistrado Brian Hutton iniciou unha investigación que nas súas conclusións estableceu que a noticia emitida pola BBC que acusou ó Goberno de ter inflado datos sobre as armas de Iraq para xustificar a guerra era "infundada".

Hutton sentenciou ademais que o xornalista Andrew Gilligan, autor da información, fixo mal en difundila, e a dirección da BBC actuou indebidamente ó non prestar máis atención á queixa do Goberno. O Executivo de Tony Blair quedou libre de toda culpa: nin inflou a información sobre Iraq nin actuou mal ó identificar ó científico como fonte da BBC.

Agora, a BBC deberá explicar que ocorreu naquela reunión confidencial que tivo lugar despois de que se coñecese o informe. Tras o encontro, Dyke deixou a BBC e pediu desculpas a Downing Street que entón el mesmo cualificou de "despreciables, embarazosas e inxustificadas".

Segundo 'The Guardian', os datos que van ser revelados demostrarán como os gobernadores forzaron a saída de Greg Dyke e aprobaron o esa polémica petición de desculpa.

O tribunal fallou a favor dunha petición do propio 'The Guardian' posto que a BBC se resistiu a difundilo durante case dous anos. A Corporación argumentou sempre que as gravacións das reunións dos gobernadores deberían manterse en secreto para que poidan expresarse libremente nas reunións sen que despois as súas opinións sexan publicadas.

'The Guardian', porén, considera que o público ten dereito a saber como reaccionaron os gobernadores ante o informe Hutton, especialmente neste caso no que as desculpas presentadas pola BBC puxeron en dúbida a independiencia da Corporación.

MADRID
EL MUNDO