O luns 18 remata o prazo para inscribirse no webinar sobre ciberseguridade
Este luns 18 remata o prazo para inscribirse de maneira gratuíta no webinar o webinar Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas, que terá lugar o mércores 20 de marzo a partir das 10.00 horas. O curso está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, PuntoGal e a Global Cyber Alliance (GCA), co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, e o Nodo Galego de Ciberseguridade, e contará coa presenza de Carlos Seisdedos, Pablo López-Aguilar e Alejandro Fernández-Cernuda.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, PuntoGal e a Global Cyber Alliance organizan, co apoio do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e o Nodo Galego de Ciberseguridade, unha xornada formativa, baixo o título Cara a un novo xeito de falar de ciberseguridade: nomes, números e rutas, na que se vai ofrecer unha nova perspectiva para a narración da actualidade cibernética.
O webinar contará coa participación de tres expertos ponentes: Carlos Seisdedos, Pablo López-Aguilar e Alejandro Fernández-Cernuda, e estará presentado pola xornalista Valeria Pereiras, membro da Xunta de Goberno do CPXG. O programa do curso é o seguinte:
- 10.00: Presentación a cargo de Valeria Pereiras
- 10.20: Carlos Seisdedos: Reflexións sobre a cobertura mediática da ciberseguridade
- 10.40: Pablo López-Aguilar: As infraestruturas da Internet e o risco cibernético.
- 11.00: Alejandro Fernández-Cernuda: O ecosistema colaborativo que protexe Internet.
- 11.20: Debate: Claves para unha nova narrativa?
O curso realizarase a través da plataforma de formación online do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e é gratuíto. Para inscribirse é preciso enviar, antes do luns 18 de marzo, un correo a xornalistas@xornalistas.gal. A reserva de prazas realizarase por rigorosa orde de inscrición. Se tes algunha dúbida, podes consultar no correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.
CPXG