O venres 26 dáse a coñecer en Ferrol o fallo da XX edición do Premio José Couso
O anuncio do fallo da XX Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, coñecerase este venres 26 de abril nunha conferencia de prensa, no Salón de recepcións do Concello de Ferrol (Praza de Armas, s/n) ás 11.30 horas.
Na conferencia de prensa vai facerse pública a candidatura gañadora do XX Premio Couso. Intervirán na mesma:
- Francisco X. González Sarria, decano en funcións do Colexio de Xornalistas
- Julia Díaz Sixto, presidenta do Club de Prensa de Ferrol
- Darío Janeiro Pereira, secretario do Premio José Couso
- José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol
As cinco candidaturas presentadas este ano foron o xefe da oficina de Al-Jazeera en Gaza Wael Al-Dahdouh; o comunicador vasco encarcerado en Polonia Pablo González; Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi, as xornalistas iranianas que revelaron o caso de Mahsa Amini; e Fran Sevilla, veterano periodista radiofónico madrileño especializado na cobertura de conflitos. Os actos de entrega celebraranse o próximo 3 de maio en Ferrol.
CPXG