O venres 30 de maio é o último día para presentarse ao V Premio 'Somos Esenciais'
Ás 14.00 horas do venres 30 de maio remata o prazo para presentar candidaturas á quinta edición do premio 'Somos Esenciais', convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, que premia traballos xornalísticos de temática social publicados ou emitidos en Galicia no 2024.
Co lema A información ao servizo da xente, o premio está dotado con 2.000 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos de temática social en Galicia ao longo do ano 2024. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. O prazo de presentación remata ás 14.00 horas do venres 30 de maio.
Máis información aquí.
CPXG