O vindeiro martes 30, último día para presentarse ao IV Premio 'Somos Esenciais'
Ás 14.00 horas do martes da semana que vén, 30 de abril, remata o prazo para presentar candidaturas á cuarta edición do premio 'Somos Esenciais', convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, que premia traballos xornalísticos de temática social publicados ou emitidos en Galicia no 2023.
Baixo o lema A información ao servizo da xente, o premio está dotado con 1.500 euros e un diploma acreditativo, e poden presentarse a el xornalistas e fotoxornalistas que publicaran ou emitiran traballos de temática social en Galicia ao longo do ano 2023. As candidaturas deben enviarse a través do correo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, e deberán estar acompañadas da ficha de inscrición, ademais do traballo en pdf, formato de imaxe ou arquivo de vídeo ou audio, segundo corresponda. De ser o caso, acompañarase tamén dunha ligazón para localizar o traballo na rede. O prazo de presentación remata ás 14.00 horas do martes 30 de abril.
Máis información aquí.
CPXG