Os xornalistas galegos outorgan o segundo premio José Couso a Le Monde Diplomatique
Os membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do Club de Prensa de Ferrol votaron ó xornal de orixe francés Le Monde Diplomatique como merecedor do II Premio José Couso de Liberdade de Prensa pola súa defensa do dereito á información e por facer un xornalismo rigoroso e independente das presións políticas e económicas . Le Monde Diplomatique creouse en 1954 e na actualidade conta con 32 edicións impresas e 25 electrónicas en 23 linguas. A súa edición española ten unha tiraxe de 25.000 exemplares e publícase mensualmente desde hai dez anos. O xornal está dirixido polo pontevedrés Ignacio Ramonet e destaca por ser unha das principais voces en contra do pensamento único .