Pablo González fai 200 días en prisión e denuncia o seu caso ao Tribunal de Estrasburgo

O comunicador vasco Pablo González, que foi candidato ao Premio Couso deste 2022, cumpre 200 días encarcerado en Polonia sen coñecer as probas na súa contra nin ter visitas ou chamadas da familia. O xornalista denunciou recentemente ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos as condicións do seu proceso xudicial e o seu réxime penitenciario, e o seu caso recibiu nos últimos días apoios como os de Reporteiros Sen Fronteiras e case unha trintena de organizacións sindicais. 

Este mércores 14 de setembro, o xornalista Pablo González facía 200 días encarcerado encarcerado en Polonia, actualmente na prisión de Radom. O comunicador xa ten asistencia legal dun avogado polaco, Bartosz Rogała, aínda que continúan sen coñecerse as probas que o goberno dese país ten para acusalo de espionaxe, polo que a súa situación segue sendo a de prisión preventiva. En todo este tempo, González só puido intercambiar cinco cartas coa súa familia española, e as únicas visitas que recibiu foron as do seu avogado e as do consul español en Varsovia, Eduardo Merino de Mena.

O xornalista vén de presentar unha demanda ante o Tribunal de Estrasburgo, na que denuncia que o proceso xudicial contra el “non está a ter garantías de xustiza mínimas” e que o réxime penitenciario está “a vulnerar os seus dereitos humanos”. O escrito elevado á corte europea cita explicitamente o artigo 8 da artículo ocho do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais, dado que nos González non puido nin recibir visitas nin chamadas da súa familia, así como o artigo cinco, pola dilatada prórroga da presión preventiva. Algunas organizacións como a Fundación Helsinki xa teñen denunciado a excesiva extensión da prisión provisional en Polonia, citando un caso na que esta se extendeu até 8 anos. O encarceramento preventivo do xornalista vasco xa se extendeu en dúas ocasións por un período de tres meses e ten prevista outra revisión no mes de outubro. Preguntado pola situación do comunicador, o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, aseguraba hai uns días que González ten "acceso a unha defensa xusta".

A organización internacional Reporteiros Sen Fronteiras mostrou esta semana o seu apoio a González, esixindo ás autoridades polacas que lle garantan unhas condicións de detención dignas e o contacto coa familia, así como que se evite a prolongación innecesaria da súa detención. Ás mostras de solidariedade co xornalista sumouse tamén a semana pasada un comunicado asinado por máis de vinte organizacións sindicais, entre elas as galegas CIG e CUT e as estatais CCOO, CNT e UGT

Pablo González foi un dos candidatos ao XVIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa este 2022. Xornalista e politólogo vasco especializado na información da órbita ex soviética, mentres informaba sobre o Donbás foi acusado de "prorruso" polos servizos secretos ucraínos e convidado a abandonar o país. De volta en Polonia, cubría a chegada de refuxiados cando foi detido pola intelixencia dese país.

CPXG