Prezo reducido para membros do CPXG no curso online 'Xornalismo e redes sociais: Ferramentas de análise e verificación'

O Colegio de Periodistas de Castilla y León e a Universidad de Salamanca organizan o curso on-line Xornalismo e redes sociais: Ferramentas de análise e verificación, que se desenvolverá online do luns 24 de outubro ao domingo 4 de decembro do 2022. O curso ten matrícula a prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

A forma na que os xornalistas conectan coa audiencia está a cambiar, pero as necesidades de información obxectiva están a crecer. Hai tres elementos fundamentais nas bases do traballo xornalístico que se demandan no contexto actual: a xestión de contidos multimedia, a elaboración e distribución ética e obxectiva da información e os procesos de verificación. O obxectivo deste programa formativo é coñecer as técnicas e ferramentas para xornalistas que permiten levar a cabo unha recollida de información en redes sociais acorde cos estándares profesionais do xornalismo utilizando as API (Application Programming Interface). Os estudantes aprenderán técnicas de análises de mensaxes obtidas (Named Entity Recognition (NER), análises de sentimentos e topic modeling) aplicables aos procesos de verificación de datos.

O custo da matrícula é de 139 euros, cun prezo reducido de 99 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 60 horas de formación. Está dirixido por Carlos Arcilla Calderón, profesor titular do Departamento de Socioloxía e Comunicación da Universidad de Salamanca, xornalista, comunicador social e especialista en Ciencia de Datos. O coordinador académico é Ignacio Coll Tellechea, licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense e máster en Comunicación e Márketing pola Universitat Oberta de Catalunya (UOC), que traballa como especialista en comunicación e márketing orientados ao ensino superior e a innovación. .

Máis información e formulario de matrícula aquí.

CPXG