Proclámase a única candidatura presentada á Xunta de Goberno do CPXG
Ao non ter habido reclamación algunha, queda proclamada como definitiva a única candidatura presentada para a renovación da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).
O pasado 9 de abril pechouse o prazo establecido polo calendario electoral para presentar candidatos e candidatas ás eleccións para a Xunta de Goberno do CPXG, cunha única candidatura presentada. Non habendo reclamación algunha, e ao non teren concorrido máis candidaturas, quedaría proclamada, sen necesidade de realizar as votacións, a nova Xunta de Goberno. Dende hoxe a Xunta de Goberno actual pasará a estar en funcións ata a toma de posesión que terá lugar no mes de maio.
A composición da candidatura proclamada é a seguinte:
Decana: Belén Regueira Leal
Vicedecana 1: Sonia María Vizoso Pérez
Vicedecano 2: Marcos Sanluis López
Vicedecano 3: Francisco Xosé González Sarria
Secretario: Darío Janeiro Pereira
Tesoureira: Eliana Martíns Alvela
Vogais:
- Noemí Alonso Rodríguez
- Ángela María Casal Fernández
- Jaime Conde Guillade
- Ana González Liste
- Lucía Junquera Pazos
- Valeria Pereiras Reza
- Xosé Manuel Pereiro Sánchez
- Natalia Puga López
- Manuel Rey Pan
- Mónica Rosas Conde
Suplentes:
- Belén López Rodríguez
- Ramón Paz González
- Matilde Vázquez Rojo
CPXG