Proclámase como definitiva a candidatura presentada á demarcación de Ourense
Rematado o prazo de reclamacións, tal e como estipula o Regulamento das demarcacións, e ao non realizarse ningunha, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia procede a proclamar como definitiva a candidatura presentada na demarcación de Ourense.
A candidaturas proclamada é a seguinte:
- Jorge Isla Rodríguez
- Eva Conde-Corbal González
Ao ter concorrido unha soa candidatura na demarcación, esta queda proclamada sen necesidade de votacións, ficando así o proceso electoral pechado.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.