PuntoGal e a Global Cyber Alliance presentan este venres a versión galega do portal da caixa de ferramentas para xornalistas

O presidente de PuntoGal, Manuel González González e a Directora de comunicación estratéxica da Global Cyber Alliance, Marina Calvo presentan en rolda de prensa este venres, 14 de abril de 2023, a adaptación ao galego do portal da caixa de ferramentas de ciberseguridade para xornalistas. O acto terá lugar a partir das 16:30 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Rúa Ponferrada, 9, baixo).

O acto contará coas intervencións de:

  • Valeria Pereiras, Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
  • Manuel González, Presidente de PuntoGal
  • Marina Calvo, Directora de comunicación estratéxica da Global Cyber Alliance
  • Edita de Lorenzo, Vicepresidenta da AETG/COETG
  • Gustavo Herva, Xefe da Subárea de seguridade en Amtega

CPXG