Retráctase unha testemuña de cargo contra o xornalista de Telesur Freddy Muñoz
Un antigo membro das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC) condenado a 12 anos de cárcere, que testemuñara contra o xornalista Freddy Muñoz, inculpado e detido previtivamente desde o 19 de novembro de 2006 por "rebelión e terrorismo", finalmente declarou que non o coñece.
Freddy Muñoz, correspondente da canle internacional latinoamericana Telesur, foi detido no aeroporto de Bogotá ó seu regreso de Caracas, onde ten a súa sede ese medio de comunicación. A xustiza colombiana acúsao de ter participado nun atentado atribuído ás FARC, cometido en 2002. Tres ex combatentes da guerrilla testemuñaron contra o xornalista, de maneira imprecisa e dubidosa. Un deles foi o que finalmente se retractou. Por outra parte, un recoñecemento médico estableceu que as cicatrices que ten Freddy Muñoz non están relacionadas co manexo de explosivos.
Unha vez máis, Reporteiros sen Fronteiras constata que non hai ningunha proba seria que apoie a acusación contra Freddy Muñoz. A organización pide a liberdade do xornalista.
COLOMBIA
RSF
Unha vez máis, Reporteiros sen Fronteiras constata que non hai ningunha proba seria que apoie a acusación contra Freddy Muñoz. A organización pide a liberdade do xornalista.
COLOMBIA
RSF