Suso Iglesias incorpórase á dirección de Mandarina, participada por Telecinco

Suso Iglesias, ex director da TVG, incorporouse desde o pasado dia 1 ao equipo directivo da Produtora Mandarina, que produce actualmente en Galicia a serie Piratas.
Mandarina é unha empresa participada por Gestevisión/Telecinco de recente instalación en Galicia. Para iso, o mencionado xornalista pediu a baixa voluntaria en Gestevisión/Telecinco, onde ocupou o posto de director da área de Estratexia de Contidos, para desempeñar desde a delegación galega da mencionada produtora o cargo de director de expansión, con atención preferente a proxectos relacionados con televisións periféricas, FORTA, Portugal, e produtos de 'low cost' para televisións de recente creación.

Coa incorporación de Suso Iglesias á súa delegación galega, o obxectivo de Mandarina é o de ampliar desde Galicia a súa área de entretemento e novos formatos, producindo preferentemente desde esta comunidade.

Suso Iglesias foi delegado de Faro de Vigo na Coruña e tamén ocupou diferentes cargos na TVG, da que chegou a ser director durante a etapa do bipartito. Tras a súa experiencia en Madrid, agora regresa de novo a Galicia.

XORNAL DE GALICIA