Veterano xornalista asasinado en Nixeria

A Policía de Nixeria está a investigar o asasinato do veterano xornalista Godwin Agbroko, quen foi baleado na cidade de Lagos o 22 de decembro de 2006, informan o Committee to Protect Journalists (Comité pola Protección dos Xornalistas, CPJ) e Reporteiros Sen Fronteiras (RSF).
Agbroko, de 53 anos, foi encontrado morto ó volante do seu automóbil pouco despois de saír da súa oficina no distrito de Apapa. Non se aclarou se foi morto debido ó seu traballo como xornalista.

Agbroko escribía unha columna para o periódico de propiedade privada 'This Day' e era presidente do seu comité editorial. Editou varios periódicos durante a ditadura militar de 1993 a 1999 e foi detido polo menos dúas veces en 1995 e 1996. En 1997, o Centro Estadounidense do PEN concedeulle o seu prestixioso Premio Liberdade para Escribir Barbara Goldsmith.

Nas últimas semanas atacouse a oficinas de periódicos e xornalistas, sinalan o CPJ e RSF. O 25 de decembro, ladróns armados invadiron a oficina do periódico 'Vanguard', no estado de Onitsha, e mataron a un asistente de circulación. Omololu Falobi, un membro fundador de Xornalistas contra a SIDA, morreu en outubro debido a lesións sufridas nun roubo a man armada en Lagos.

NIXERIA
PERIODISTAS-ES / IFEX