Webinar sobre protección de datos gratuíto para membros do Colexio de Xornalistas

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o vindeiro xoves 25 de xuño, entre as 19:00 e as 20:30 horas, o webinar ''Aplicación da normativa de protección de datos en entornos xornalísticos 3.0'. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o webinar é gratuíto para colexiados e colexiadas do CPXG.

A sesión será impartida por Jesús Fernandez Acevedo, avogado especialista en propiedade intelectual, tecnoloxía e protección de datos. Resolverá dúbidas frecuentes sobre como aplicar a Lei de Protección de Datos no noso sector: newsletter, listas de difusión, avisos legais en medios dixitais, diferenza entre estes e as manchetas, como xestionar os datos que recompilamos, se é preciso xestionarlos dalgún modo, consecuencias de incumplimientos da lei...

As solicitudes de inscripción deben descargarse neste enlace e remitirse, debidamente cumprimentadas, a administracion@periodistasandalucia.es. Unha vez formalizada a inscripción, enviarase unha ligazón á sala virtual na que se producirá o encontro. Co obxectivo de aproveitar o máximo posible a sesión, prégase que se envíen con anterioridade, a ese mesmo correo, as dúbidas ou preguntas concretas para remitilas ao conferenciante.

Máis información sobre o webinar aquí

CPXG