Xa dispoñíbel a gravación da xornada 'Os medios públicos galegos no marco normativo europeo'
Se non puideches asistir á xornada Os medios públicos galegos no marco normativo europeo, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Agrupación de Xornalistas de CCOO o pasado 8 de outubro en Santiago, ou se queres recuperar o contido da mesma, xa podes acceder á gravación completa nesta noticia e na nosa canle de Youtube.
A xornada Os medios públicos galegos no marco normativo europeo, posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Agrupación de Xornalistas de CCOO, tivo lugar o luns 8 de outubro na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela para analizar as implicacións da Lei Europea de Liberdade de Medios nas radios e televisións públicas e contou coa participación de diferentes expertos estatais e europeos.
Renate Schroeder, directora da Federación Europea de Xornalistas, detallou o contido da Lei Europea de Liberdade de Medios, recentemente aprobada, e Maja Sever, presidenta da mesma organización, chamou á mobilización para garantir o seu cumprimento. Ademais, unha mesa redonda con Luis M. Lombardo, Carolina Pecharromán, Montse Montaos e Nil Via analizou as distintas situacións da CRTVG, Telemadrid, RTVE e a CCMA.
CPXG