Apoio legal
Cobertura de todo tipo de consultas de natureza legal para colexiados, que serán resoltas con prioridade absoluta polo noso despacho.
Coberturas deste servizo
O labor de asesoría xurídica é prestado polo despacho de avogados Trillo y Sánchez Campos e foi o primeiro servizo posto en marcha despois da elección da nosa primeira Xunta de Goberno. Ofrece diferentes posibilidades e niveis de defensa, asesoramento e consulta a disposición de todos os xornalistas colexiados, concretamente:
- Redacción de contratos, ditames ou consultas de todo tipo.
- Reclamacións por débito e toda clase de xestións para o recobro de cantidades endebedadas.
- Asesoramento e asistencia a reunións con empresas privadas e organismos públicos, así como colaboración activa na elaboración e redacción de calquera convenio que se firme entre as partes.
- Convocatorias e asistencias a reunións con empresas privadas e organismos públicos, ademais de colaboración activa na elaboración e redacción de calquera convenio que se asine entre as partes.
- Redacción de actas e certificacións das reunións das Xuntas de Goberno ou Asembleas.
- Intervención e asesoramento en xestións, compras, vendas ou calquera transacción mercantil ou doutra índole.
- Defensa xurídica xudicial e extraxudicial do Colexio Profesional en asuntos de calquera índole (Civil, Penal, Administrativo, Laboral e Tributario) ante reclamacións presentadas contra a entidade ou compoñente da Xunta de Goberno por actuacións derivadas do exercicio das súas funcións.
- Asesoramento xurídico aos colexiados, incluíndose dentro desta proposta de colaboración tanto a consulta xurídica como o requirimento de pagamento ou transacción mediante carta certificada e comunicación telefónica ou persoal coa parte contraria.
- Redución do 30% sobre os Honorarios Profesionais en todas as actuacións xudiciais e extraxudiciais (non incluídas na proposta de colaboración) dos Colexiados tanto por asunto de índole profesional como persoal (separacións, herdanzas, reivindicatorias, etc).
- Servizo de asesoría en liña para os colexiados, a través do teu usuario da páxina.