A que chamamos a perspectiva de xénero

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 6 de outubro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘A que chamamos a perspectiva de xénero’, impartido por Gloria López. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 15 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

Esta formación quere analizar a representación das mulleres nos medios de comunicación, o por que da invisibilización das mulleres como protagonistas da actualidade e da historia e saber a que chamamos perspectiva de xénero e como aplicala nos medios de comunicación para obter unha representación real das mulleres, tanto dentro das empresas xornalísticas, como no relato da actualidade..

Gloria López é xornalista especializada en comunicación para a Igualdade e coordinadora de proxectos educativos como a Escola de Formación Continua de AMECO (Asociación española de mulleres profesionais dos medios de comunicación), así como da plataforma ‘Educación para todas’. Formou parte do grupo editor da publicación Género y Comunicación e imparte cada semestre un taller de comunicación e xénero no marco da materia Ética e Deontología da facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense de Madrid.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.