Claude para xornalistas. Outras intelixencias
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 27 e 28 de outubro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, o curso ‘Claude para xornalistas. Outras intelixencias’, impartido por Nuria Vallejo. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Ao finalizar o curso, o xornalista saberá integrar Claude en todo o seu fluxo de traballo e non só na redacción, utilizándoo como espazo de investigación para cruzar e extraer información de múltiplas fontes e documentos propios, como ferramenta de análise para converter datos públicos en estatísticas e gráficos sen necesidade de programar, como apoio na redacción e adaptación de contidos a distintos formatos e canles, e como asistente para automatizar tarefas repetitivas da rutina xornalística (transcricións, resumos diarios, extracción de citas); todo iso aplicando sempre un criterio de verificación e transparencia que lle permita detectar erros ou datos inventados antes de publicar, e decidir con criterio propio cando delegar unha tarefa na IA e cando non.
Nuria Vallejo é licenciada en Pedagoxía, con máster en tecnoloxías educativas, formadora especializada en tecnoloxía e IA. Ten máis de 20 anos de experiencia en e-learning, EdTech e innovación pública na Administración Andaluza..
A inscrición ao curso estará aberta do 16 ao 26 de outubro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.