Claves para a redacción dixital e de marca

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Claves para a redacción dixital e de marca', con prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso, dunha duración de 10 horas, non ten restrición horaria, e o alumnado pode acceder aos materiais os días e ás horas que prefira entre o luns 3 e o venres 28 de febreiro. 

Con este curso, o alumno ampliará os seus coñecementos sobre redacción, coñecendo as singularidades que achega o contexto da Internet e achegando todas as ferramentas que debe coñecer para adaptar a súa forma de escribir a aquilo que demandan actualmente os xestores de contido, o posicionamento e a forma na que o usuario consume hoxe en día o contido.

O curso constará de seis video-leccións onde se achegarán os diferentes coñecementos que compoñen o curso. A través da plataforma Moodle, os alumnos terán acceso a exercicios prácticos para se pór ‘mans á obra’ tras cada un dos vídeos. O profesor revisará todos os exercicios dando o feedback necesario e persoalizado para cada alumno.

O curso estará impartido por Adrián Caballero Escusol, xornalista freelance e politólogo, e subdirector de Report.cat, o semanario dixital do Col·legi de Periodistes. Durante dous anos foi xefe de comunicación das Nacións Unidas España (ANUE) e actualmente é profesor de Ferramentas Dixitais na UOC e creador de contidos no podcast e canle de Youtube Simple Política.

En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 70 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa