Como comunicarse coa IA de forma efectiva
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 27 e 28 de xaneiro, entre as 16:30 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Como comunicarse coa IA de forma efectiva’, impartido por José Luis Gallardo Iglesias. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
O obxectivo principal desta actividade é comprender que é e como funciona a Intelixencia Artificial xenerativa e principalmente algúns dos modelos máis populares de linguaxe, por exemplo ChatGPT. Estará composta de dúas sesións. A primeira fará unha introdución á IA xenerativa de texto e as principais ferramentas de uso profesional (ChatGPT, Gemini, Copilot, NotebookLM etc.). Na segunda sesión, abordarase como comunicarse de maneira efectiva coa IA (estrutura de prompts, como pedir ben, exemplos aplicados ao traballo xornalístico).
José Luis Gallardo Iglesias é fundador de promptea.io. É especialista en prompts, asistentes de IA e modelos de linguaxe xenerativa. É tamén colaborador en Radar IA. Top Voice AI 2024 en LinkedIn..
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.