Como organizar a información na era do caos
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 5 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Como organizar a información na era do caos’, impartido por Carmela Ríos. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 15 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Con este curso búscase aprender a xestionar os grandes volumes de información que manexamos nas redes sociais para que sexan unha canle de información útil; coñecer sobre o algoritmo nas redes e internet con criterio xornalismo; anticiparse a acontecementos, identificar tendencias e descubrir campañas de desinformación.
Carmela Ríos é xornalista experta en redes sociais e desinformación e mestrada en Comunicación Política e Corporativa. Foi correspondente en París de Antena 3 TV e CNN e en España ocupou a correspondencia política e xudicial para CNN e Cuatro. Leva 16 anos explorando a interacción entre o xornalismo, as redes sociais e a comunicación.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.