Como realizar con éxito unha reportaxe escrita?

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online sen restricción horaria "Como realizar con éxito unha reportaxe escrita?", que se desenvolverá do 9 de febreiro ao 9 de marzo. O curso, dunha duración de 6 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O reporteiro é a figura que sempre está sobre o terreo recollendo documentación, en contacto con diferentes testemuñas, responsabeis e outras persoas que poidan achegar información relevante. A súa tarefa é cinguirse ao acontecido segundo o que solicitou na súa investigación e organizala de forma que sexa o máis atractiva e equilibrada posible. Neste taller teórico e práctico, daranse as pautas necesarias para facer unha reportaxe e levarase a cabo un traballo de forma titorizada. En primeiro lugar, impartirase unha sesión para explicar os conceptos básicos a ter en conta á hora de traballar. Despois, propoñerase unha idea de reportaxe que terá que recibir luz verde. Para rematar, levarase a cabo unha titoría antes da entrega do texto final para a súa avaliación.

O curso estará impartido por Ana Salvá Pascual, licenciada en xornalismo pola Facultade de Comunicación Blanquerna cun mestrado en Historia do Mundo pola Universidade Pompeu Fabra. Como xornalista freelance radicada en Bangkok traballou para El País, El Periódico, Altaïr, Conde Nast Traveler e medios internacionais como Al Jazeera, The Diplomat ou South China Morning Post. e traballou como profesora asociada na Universidade Autónoma de Barcelona. No pasado co-creou "Buscando Historias?, unha web documental realizada en Asia e financiada por crowdfunding.

En virtude dos acordos da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o Col·legi ofrece aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do resto de colexios a posibilidade de seguir este curso online nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi de Periodistes de Catalunya, cun prezo de 51 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de prezo correspondente á Rede de Colexios. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado para certificar a pertenza ao Colexio.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa