Comunicación B2E: Como reforzar o vínculo empresa-empregado?

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 10, 17 e 24 de febreiro, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Comunicación B2E: Como reforzar o vínculo empresa-empregado?’, impartido por José Luis Acedo. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 40 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

A través deste programa, os participantes aprenderán a deseñar estratexias de comunicación que non só transmiten datos, senón que constrúan cultura, clarifiquen o propósito organizativo e mobilicen aos equipos cara á consecución dos Obxectivos e Resultados Clave (OKR).

José Luis Acedo é xornalista con máis de 20 anos de traxectoria no sector público e privado. Consultor e formador en comunicación institucional, innovación e xestión do cambio para organizacións como IAAP, FAMP, IPRL, e docente do Programa Superior de Expertos en Transformación Dixital – Xeración D – impulsado por EOI. Recentemente impartiu o taller «Facilitación de reunións e mellora de procesos de traballo en equipo», clave para a mellora da comunicación interna, para a Federación Andaluza de Municipios y Provincias na súa liña de capacitación de persoal da administración pública local.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.