Comunicación corporativa con intelixencia artificial
O Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León (CPCyL) organiza, en colaboración coa Universidad de Salamanca o curso de especialización profesional online Comunicación corporativa con intelixencia artificial, que se desenvolverá entre o 16 de febreiro e o 29 de marzo. O curso, que ten unha duración de 60 horas, levarase a cabo de maneira virtual e asincrónica, isto é: as e os estudantes conéctanse cando decidan ao longo de cada semana. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o webinar ten un prezo reducido de 109 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
A intelixencia artificial está a transformar os procesos de comunicación das organizacións, desde a planificación estratéxica ata a xestión reputacional. Administracións e empresas incorporan cada vez máis sistemas de IA para analizar audiencias, xerar contidos personalizados e monitorizar a súa presenza dixital. Este curso ofrece unha formación integral e aplicada para comprender, utilizar e avaliar as ferramentas e metodoloxías baseadas en IA dentro da comunicación corporativa contemporánea.
O curso está dirixido por Patricia Sánchez-Holgado, profesora do Departamento de Socioloxía e Comunicación da Universidade de Salamanca e membro do Observatorio dos Contidos Audiovisuais, e coordinado por Ignacio Coll Tellechea, licenciado en Ciencias da Información por la Universidade Complutense e máster en Comunicación e Márketing pola Oberta de Catalunya. Completan o equipo docente Carlos Arcila Calderón, profesor titular de Socioloxía e Comunicación da Universidade de Salamanca; Javier J. Amores, persoal investigador postdoctoral contratado na Pontificia Universidade Católica de Chile; e Maximiliano Frías-Vázquez, doctor en Formación na Sociedade do Coñecemento pola Universidade de Salamanca.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online e realizar o pagamento antes do venres 13 de febreiro. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.