Comunicación interna, endomárketing e facilitación de equipos

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os luns 17, 24 e 31 de marzo, entre as 16:30 e as 19:30 horas, o obradoiro ‘Comunicación interna, endomárketing e facilitación de equipos’, impartido por José Luis Acedo Díaz. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 10 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo principal desta actividade é desenvolver as habilidades necesarias para implementar estratexias de comunicación interna, endomárketing e facilitación de equipos no marco da comunicación institucional e corporativa, mellorando a empregabilidade e o impacto profesional dos participantes. Este curso é unha invitación para reforzar as conversacións internas, ese diálogo que xera valor e axuda a empresas e institucións a xerar contornas de empatía, humanizados, de benestar, que nos axudan a comunicar dunha forma máis efectiva e responsable, desde a escoita activa e a análise do impacto social.

José Luis Acedo é xornalista con máis de 20 anos de traxectoria no sector público e privado. Consultor e formador en comunicación institucional, innovación e xestión do cambio para organizacións como IAAP, FAMP, IPRL, e docente do Programa Superior de Expertos en Transformación Dixital – Xeración D – impulsado por EOI. Recentemente impartiu o taller «Facilitación de reunións e mellora de procesos de traballo en equipo», clave para a mellora da comunicación interna, para a Federación Andaluza de Municipios e Provincias na súa liña de capacitación de persoal da administración pública local.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online antes da realización do curso. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía.