Comunicación interna para a xestión do cambio
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Comunicación interna para a xestión do cambio", que se desenvolverá os mércores 5 e 12 de marzo en horario das 15:30 ás 17:30 horas. O curso, dunha duración de catro horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
A comunicación interna é un alicerce fundamental para xestionar con éxito o cambio e apoiar ás persoas nos procesos de transformación organizacional. Por que é tan crucial? Porque as dúas principais causas de fracaso na xestión do cambio adoitan ser, precisamente, a falta de comunicación clara e a ineficacia na xestión dos conflitos. Este curso busca formar non só na xestión adecuada da comunicación interna en cada etapa do cambio, senón tamén nas ferramentas necesarias para anticipar e resolver as resistencias, conseguindo así unha transformación aliñada cos obxectivos da organización.
O curso estará impartido por Laura Verazzi, directora e fundadora de Averar Comunicació Interna i Cultura e cofundadora e vicepresidenta de DIRCI, a Asociación de Directivos e Referentes da Comunicació Interna de España. Previamente, cofundou e dirixiu, por máis de dez anos, a consultora e axencia Vector C Comunicació Interna. Profesora en la Universitat Oberta de Catalunya e Blanquerna e noutras institucions, publicou tres libros especializados nesta disciplina: Guia Fonamental de la Comunicació Interna, Comunicació Interna Total e Comunicació Interna de Pandèmia.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 34,00 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.
Nota legal:
A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.
O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.