Conversacións sobre podcast
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o vindeiro mércores 15 de xaneiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas, dentro do seu Plano de Formación 2025, a charla ‘Conversacións sobre podcast’ coa xornalista Mar Abad. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online e é totalmente gratuíto. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o webinar ten un prezo reducido de 5 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Esta actividade ten como obxectivo levar a cabo unha conversación activa cos participantes sobre todos os aspectos do podcasting, e está dirixido especialmente a profesionais do xornalismo e da comunicación. Abordaranse todas as temáticas relativas ao podcast, desde as principais narrativas ás distintas formas de financiamento.
Mar Abad dirixe ‘ficciones sonoras’. É directora editorial e cofundadora do selo de audio El Extraordinario e foi cofundadora da revista Yorokobu e a empresa de contidos Brands&Roses. Colabora coa revista Archiletras e é autora de varios libros. Recibiu o Premio Blasillo de Huesca 2023, o Premio de Xornalismo Don Quixote 2020, o Premio Miguel Delibes 2019, o Premio Internacional de Xornalismo Colombine 2018 e o Premio de Xornalismo Accenture 2017 na categoría de innovación. Tamén foron premiados os seus podcast Crímenes. El Musical, Las Palabras, Vacunas e La Fucking Condición Humana.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online antes da realización do curso. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.