Crea e promociona o teu podcast con éxito
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Crea e promociona o teu podcast con éxito", que se desenvolverá os venres 7 e 14 de febreiro en horario das 10:00 ás 13:00 horas. O curso, dunha duración de 6 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
Vivimos nunha era de transformación mediática, na que o podcast se consolidou como un dos formatos máis potentes e influentes do panorama actual. O seu valor para o xornalismo é dobre: como ferramenta de difusión e como vehículo para redefinir a profesión. Ademais, o audio ten un poder transformador sobre a profesión en si mesma. Devólvenos ás raíces do storytelling, onde a voz e a narrativa eran suficientes para capturar a atención do oínte. Á vez, empúxanos cara ao futuro, esixíndonos adaptarnos a novas tecnoloxías e maneiras de pensar o xornalismo. Neste curso aprenderemos a explorar as súas posibilidades, a darlle unha estrutura narrativa efectiva e a entender como pode converter as nosas ideas en proxectos que impacten ás audiencias de maneiras que nunca imaxinamos.
O curso estará impartido por Idoia Cantolla, licenciada en xornalismo e mestrada en Comunicación Corporativa e Deseño Multimedia. Dirixiu o equipo de Original Publishing da plataforma de audiolibros Storytel, liderou o lanzamento en España da plataforma de podcasting danesa Podimo e desde 2023 lidera o proxecto A todo trend, un espazo para visibilizar o contido en audio. Actualmente é Founder e CMO de Voice Powered Brands, un estudio creativo de audio enfocado en axudar as empresas a maximizar o formato. Foi seleccionada pola revista Forbes como unha das «50 persoas destacadas no mundo do podcasting» e unha das «50 mulleres máis importantes do negocio audiovisual en España».
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 51,00 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.
Nota legal:
A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.
O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.