Edición de videos con Capcut. Monta o teu vídeo sen soltar o móbil

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 17 e 18 de marzo, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Edición de videos con Capcut. Monta o teu vídeo sen soltar o móbil’, impartido por Juan Manuel Barrios Salado. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

Editar un vídeo é tan sinxelo como ter un móbil e unha aplicación. Este obradoiro da pautas para transformar as ideas en pezas para redes sociais, dominar a linguaxe visual e deixar de parecer amador.

Juan Manuel Barrios Salgado é politólogo e asesor político experto en comunicación política. Ademais, é cofundador de El Patio Político, onde divulga sobre comunicación política. A súa experiencia diaria coas redes sociais levouno ao desenvolvemento de amplas capacidades de edición de vídeos, en concreto, coa plataforma Capcut.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.