Estereotipos herdados que condicionan o relato informativo
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza o día 2 de marzo, entre as 16:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Estereotipos herdados que condicionan o relato informativo’, impartido por Gloria López. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Neste curso analizaranse os rumbos e estereotipos que condicionan a selección e o enfoque na elaboración do relato informativo, na busca de cambiar a ollada para conseguir facer un relato da actualidade menos androcéntrico e máis igualitario para que as mulleres sexan axentes protagonistas da actualidade e aprender rutinas xornalísticas que axuden a visibilizar as desigualdades.
Gloria López é xornalista especializada en comunicación para a igualdade. Coordina proxectos educativos como a Escola de Formación Continua de AMECO (Asociación española de mujeres profesionales de los medios de comunicación), ademais da plataforma ‘Educación para todas’, e formou parte do grupo editor da publicación Género y Comunicación. Imparte cada semestre un obradoiro sobre ‘Comunicación e Xénero’ no marco da materia ‘Ética e Deontología’ da facultade de Ciencias da Información da Universidad Complutense de Madrid.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.