Estratexias para a distribución de contidos nos concellos
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "Estratexias para a distribución de contidos nos concellos", que se desenvolverá os martes 10 e 17 de novembro en horario das 10:30 ás 13:30 horas. O curso, dunha duración de 6 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
Este curso busca formar profesionais municipais para deseñar, planificar e executar estratexias integrais de comunicación dixital, orientadas á realidade local e aos novos retos dixitais, así como proporcionar coñecementos sobre a creación, distribución e monitorización de contidos públicos, garantindo a calidade reputacional e a participación cidadá.
O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Faculdade de Ciencias da Información de Sevilla. Foi directora creativa en axencias españolas dedicadas ao márketing online ou ao marketing below the line. Desde o 2009, é directora creativa e socia fundadora de Úbica Below, axencia especialista en márketing e comunicación dixital. É profesora e relatora con máis de 15 anos de experiencia dando cursos especializados nesta materia en distintos centros e universidades.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 55,50 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.