Fake News e seguridade na rede

O Centro Asociado da UNED de Lugo organiza do 30 de novembro ao 3 de decembro o curso online de extensión universitaria 'Fake News e seguridade na rede'. O custo da matrícula e de 30 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 20 horas lectivas, en horario de 16:00 a 19:00, que se van desenvolver dacordo co seguinte programa:

Luns 30 de novembro

1. FAKE NEWS.
- A problemática das Fake Nesws.
- Fake News na Historia.
- Clasificación das Fake News. 
- Exemplos de bulos (Coronavirus, campañas electorais, ecolóxicos...)
- Fake News baseadas en fotografías.                                          
- O uso do termo Fake News  para desacreditar noticias reais.
- Como detectar as Fake News: Dúas formas de identificalas.
- Como protexernos das Fake News.
- Código deontolóxico do xornalismo: Non vale todo.
- Sitios útiles.

Martes 1 de decembro

AMEAZAS QUE AXEXAN O USUARIO DE BANCA NA ERA DIXITAL.
- A banca e o Social Media.
- Pishing
- Ransonware.
- Calotes nas compras por Internet
- Os riscos das Apps de Banca.

Mércores 2 de decembro

PRECAUCIÓNS BÁSICAS NO USO DAS REDES SOCIAIS.
- A norma que ninguén cumpre.
- Qué facemos mal nas redes sociais?
- Que tes que facer coa túa información particular.
- Precaucións cando coñecemos alguén virtual por primeira vez.
- Precaucións coas nosas amizades e contactos on line.
- Qu medidas temos que tomar coas imaxes.

Xoves 3 de decembro

CIBERBULLYING: O acoso escolar levado á rede. Tipoloxías habituais de ataques.
- O alto risco do SEXTING.
- Como os pederastas captan a menores na rede.
- A importancia do control parental.
RECOMENDACIÓNS BÁSICAS DE PROTECCIÓN.
- Sistemas de protección.
- Claves e riscos.
- Recomendacións para lograr unhas claves seguras.
- O factor duplo de autentificación.
- Pero sobre todo… Pecha ben as portas!

O curso estará impartido por Jesús J. Blanco Rosas, xornalista e docente e doutor en Xeografía e Historia., e conta coa dirección de María Fuensanta Otero Beltrán, pedagogam,  educadora de Adultos e coordinadora da Extensión Universitaria CA Lugo e Aula de Foz. Máis información e matrícula aquí

A realización do curso está suxeita á inscrición dun número suficiente de alumnos.