IA para medios de comunicación
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online IA para medios de comunicación, que constará de tres sesións en directo os martes 17 e 24 de febreiro e 3 de marzo de 2026 das 15:00 ás 18:00. O curso, dunha duración de 9 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG. As sesións poderán ser gravadas con petición previa.
Este curso ofrece unha introdución práctica e aplicada á intelixencia artificial nos medios de comunicación. Os participantes aprenderán a utilizar ferramentas de IA para xerar e optimizar contidos, analizar datos e identificar tendencias, ademais de reflexionar sobre os aspectos éticos e legais do seu uso. O curso combinará a teoría con exemplos reais e demostracións prácticas.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 83,25 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario introducir, á hora de facer a inscrición na web, o código de desconto que podes consultar nesta nota privada, só para colexiados e colexiadas, á que podes acceder coas túas claves e nome de usuario/a. Se non tes ou perdiches as túas claves, podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.gal ou no 981 93 56 70. Para calquera outra dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.