IA para medios de comunicación

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online IA para medios de comunicación​, que constará de tres sesións en directo os venres 14, 21 e 28 de novembro de 2025 das 9:30 ás 12:30. O curso, dunha duración de 9 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG. As sesións poderán ser gravadas con petición previa.

Este curso ofrece unha introdución práctica e aplicada á intelixencia artificial nos medios de comunicación. Os participantes aprenderán a utilizar ferramentas de IA para xerar e optimizar contidos, analizar datos e identificar tendencias, ademais de reflexionar sobre os aspectos éticos e legais do seu uso. O curso combinará a teoría con exemplos reais e demostracións prácticas.

En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 76,50 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG. Para calquera dúbida, podes contactar con formacio@periodistes.cat.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa