Inbound márketing: plan de márketing de contidos

O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online 'Inbound márketing: plan de márketing de contidos', que terá lugar os venres 17 e 24 de xaneiro en horario das 10:00 ás 13:00 horas. O curso ten un prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo deste curso é introducir os e as participantes nos conceptos básicos e as estratexias efectivas do márketing de contidos para mellorar a visibilidade, o engagement e a conversión en liña. Entender como o márketing de contidos é unha parte esencial hoxe en día da comunicación dixital e como aliñalo cos obxectivos dunha organización en todas as súas canles.

O programa  ten unha duración de seis horas cun enfoque práctico no que se verán múltiplos exemplos. Está dirixido especialmente a profesionais cunha actividade ligada á elaboració de contidos nunha ou distintas canles de distribución de contidos (non só redes sociais).

O curso estará impartido por Pilar Yépez Molina, publicista e directora creativa en axencias dedicadas ao márketing on-line e BTL. Consultora de márketing dixital e Social Media Strategist para empreses de diferentes sectores, ten máis de 25 anos de experiencia formando en márketing a diferentes institucións como IM Digital Business School, UPF BSM, EAE ou INESDI.

En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 51 euros.

Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.

Nota legal:

A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.

O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa