Intelixencia Artificial aplicada ao Xornalismo

O Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León (CPCyL) organiza, entre o luns 3 de marzo e o domíngo 13 de abril, o curso online Intelixencia Artificial aplicada ao Xornalismo: Novas Ferramentas e técnicas para a xeración de contidos. O curso, que ten unha duración de 60 horas, levarase a cabo de maneira virtual e asincrónica, isto é: as e os estudantes conéctanse cando decidan ao longo de cada semana. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o webinar ten un prezo reducido de 109 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

O obxectivo do curso é ofrecer capacitación avanzada e información práctica clave sobre diversas ferramentas de Intelixencia Artificial que sexan útiles para o labor xornalístico, como Chat GPT 4, Leonardo.ai, Dall-e, Owly Writer e Asistentes virtuais, que axuden na xeración de contidos para xornalistas. Cada semana se corresponde cun dos seis módulos do programa: Introdución aos prompts, Creación de contidos de texto e ferramentas de audio, Creación de contidos de imaxe e video, Uso da IA para distribución de contidos en redes sociais, Uso da IA como asistente persoal e Traballo final de curso, aplicacións prácticas e conclusións.

O curso está dirixido por Patricia Sánchez-Holgado, profesora do Departamento de Socioloxía e Comunicación da Universidade de Salamanca e membro do Observatorio dos Contidos Audiovisuais, e coordinado por Ignacio Coll Tellechea, licenciado en Ciencias da Información por la Universidade Complutense e máster en Comunicación e Márketing pola Oberta de Catalunya. Completan o equipo docente Carlos Arcila Calderón, profesor titular de Socioloxía e Comunicación da Universidade de Salamanca; Javier J. Amores, persoal investigador postdoctoral contratado na Pontificia Universidade Católica de Chile; e Maximiliano Frías-Vázquez, doctor en Formación na Sociedade do Coñecemento pola Universidade de Salamanca.

Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online e realizar o pagamento antes venres 28 de febreiro. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Castilla y León.