Journalism Trust Initiative, a certificación para recuperar a confianza no xornalismo
Reporteiros sen Fronteiras organiza, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o webinar Journalism Trust Initiative, a certificación para recuperar a confianza no xornalismo, co obxectivo de presentar esta ferramenta que promove un xornalismo fiábel. O curso vai ter lugar o martes 12 de novembro a partir das 11:00 horas, e desenvolverase de maneira virtual.
Reporteiros Sen Fronteiras lanzou en 2021 a iniciativa Journalism Trust Initiative, unha ferramenta de transparencia, que ten como obxectivo promover un xornalismo fiable. A autoavaliación permite aos medios de comunicación verificar, mellorar e poñer en valor a calidade das súas prácticas xornalísticas. A súa misión? Construír un ecosistema de información máis san, no que será posible identificar e promover información fiábel e restaurar a confianza do gran público nos medios. Na conferencia explicaranse os criterios desenvolvidos por RSF, en colaboración con máis de 130 organizacións e actores do sector mediático e como realizar o informe de transparencia.
O webinar terá unha duración dunha hora e estará impartido por Ana López, Representante en España de Journalism Trust Initiative. Ademais, contará coa presentación de Berta García, profesora da USC. A asistencia é gratuíta, sendo necesario reservar praza a través desta ligazón.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.