Linguaxe xornalística e infraestruturas
O Colegio Oficial de Periodistas de la Región de Murcia e o Colegio de Ingenieros de Caminos Canales y Puertos organizan os días 18 e 19 de febreiro, en horario das 17:00 ás 19:00 horas, a xornada Linguaxe xornalística e infraestruturas, que se poderá seguir en streaming ademais de fisicamente na Sala Azul do Centro Cultural Las Claras da Fundación Cajamurcia en Murcia. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, a xornada ten un prezo reducido de 10 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
En ocasións, a complexidade tecnolóxica actual lévanos a utilizar termos técnicos inexactos para describir os feitos noticiábeis. Por iso, esta xornada quere ofrecer a xornalistas información terminolóxica para describir correctamente aqueles feitos nos que os aspectos técnicos sexan importantes para a comprensión da noticia. Os relatores, enxeñeiros de camiños, expoñerán as palabras correctas para ser usadas en campos como os ferrocarrís, as estradas, os portos, os regadíos, as inundacións e secas, o urbanismo e, como asunto transversal a todos eles, a contratación pública.
Para asistir ás xornadas é imprescindíbel a inscrición. Máis información, programa e matrícula na web do Colegio Oficial de Periodistas de la Región de Murcia.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.