LinkedIn: saca partido ao teu perfil como comunicador/a
O Col·legi de Periodistes de Catalunya organiza o curso online "LinkedIn: saca partido ao teu perfil como comunicador/a", que se desenvolverá o luns 2 e o xoves 5 de xuño das 16:00 ás 19:00 horas. As sesións serán en directo pero tamén se gravarán para que aquelas persoas que non poidan asistir á sesión programada teñan acceso á gravación posteriormente. O curso, dunha duración de 6 horas, ten prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.
LinkedIn é a ferramenta máis completa ao servizo da marca profesional. Como comunicadores e xornalistas, a nosa presenza en redes sociais ten un impacto directo na nosa reputación e LinkedIn é a plataforma que proporciona un traballo máis directo e medible sobre a nosa actividade profesional. Por iso é fundamental coñecela e entender cales son os pasos para seguir para sacarlle o maior partido, tanto desde o punto de vista reputacional, como á hora de facer networking ou buscar novas oportunidades profesionais.
En virtude dos acordos co Col·legi de Periodistes de Catalunya, este curso ofrécese aos colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nas mesmas condicións que teñen os membros do Col·legi, cun prezo de 51,00 euros.
Para beneficiarse do prezo reducido é necesario seleccionar, no momento de facer a inscrición na web, a opción de Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A posteriori, cómpre enviar por correo a cfd@periodistes.cat unha foto do carné de colexiado ou colexiada para certificar a pertenza ao CPXG.
Nota legal:
A persoa que envía o correo electrónico cos datos requiridos anteriormente declara que voluntariamente comunica ao COL·LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA (en diante CPC) para incorporalos na base de datos da Entidade, xa sexa en soporte papel, informático ou outros, o cal obriga ao CPC a gardar segredo profesional con respecto aos datos que lle foron cedidos, coa finalidade de dar resposta á solicitude de inscrición que a persoa remitiu, e a enviarlle información sobre o desenvolvemento do curso ao cal se inscribiu e de cursos de formación futuros.Así mesmo, autorízalle a tratar e almacenar estes datos segundo as medidas de seguridade establecidas no Regulamento Europeo 679/2016, de 27 de abril, de Protección de Datos.
O usuario ha de saber que encher o formulario e enviar os datos solicitados implica que a información reflectida neste aviso foi lida e aceptada expresamente e que en consecuencia, outorga o seu consentimento inequívoco e explícito ao tratamento dos seus datos persoais conforme á finalidade explicada. De conformidade cos artigos 15-22 do mencionado Regulamento Europeo de Protección de Datos, o CPC informa que a persoa que asina pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, portabilidad, esquecemento e limitación ao tratamento dos seus datos en calquera sede do CPC. Para máis información, pode consultar a Política de Privacidade do CPC en: www.periodistes.cat/politica-de-privadesa
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.